Blogia

Galegos en Mauthausen

Libro recomendado... "MAUS"

Libro recomendado... "MAUS"

Esta obra, considerada por moitos críticos coma o mellor cómic da historia, é unha pequena xoia polo que o seu autor, Art Spiegelman, recibiu o prestixioso premio Pulitzer no ano 1992.

Un supervivente do campo de concentración de Auschwitz narra ao seu fillo (o propio Spiegelman) a súa experiencia, o que nos explicará moito sobre a tensa relación entre o pai e o fillo. Hai que destacar que os persoaxes non son representados como persoas, senón como animais. Así, os xudeus son ratos, os alemáns, gatos, etc.

Moi recomendable para ter un achegamento ao que foi o Holocausto en xeral, e á vida nos campos de concentración, en particular.

Tarefas a realizar

Preme aquí para saber que tarefas haberá que realizar INDIVIDUALMENTE ata o próximo día 17 de abril.

Para esta actividade, pódeche servir o material a través deste enlace, ou ben na columna da dereita, indo a Enlaces/A Guerra Civil Española/Datos sobre Santiago Álvarez, un dos organizadores das "Milicias Populares Gallegas".

Tamén, como material auxiliar, podes empregar os mapas que se xuntan neste blog.

Lembra que nesta semana tes que rematar, xunto co teu grupo de traballo, a CRONOLOXÍA que vos correspondera.

IMPORTANTE: PARA O ENVÍO DE TAREFAS, EMPREGA O E-MAIL obradoirodehistoria@gmail.com. Podes enviar un correo de saúdo, acompañado dunha pequena valoración (catro palabriñas) sobre a necesidade de investigar a vida de José Fidalgo Pérez (para que, que aporta, a quen beneficia, ...)

Mauthausen: O convoi dos 927

Mauthausen: O convoi dos 927

O 5 de maio de 1945 as tropas aliadas liberaban aos prisioneiros do campo de concentración de Mauthausen, en Austria. Nese campo é onde os nazis mataron a case que 150.000 prisioneiros, dos que 409 eran españois. Este é o punto de partida deste documental que foi emitido polo programa Documentos TV, de TVE, o 6 de febreiro de 2005, con guión de Montse Armengou, e realización de Ricard Belis. Podes consultar aquí a súa ficha técnica .

Tamén hai unha versión editada como libro, do que reproducimos a súa portada.

 

6 de abril de 1941

6 de abril de 1941

  Nesta data un arzuán, JOSÉ FIDALGO PÉREZ, atopaba a morte en Gusen , un kommando dependente do campo de concentración nazi de Mauthausen , logo de pasar oito meses de inhumana prisión.

  Ao longo destes meses, e ata o final do curso académico, iremos engadindo información sobre este home nacido en Arzúa.

  Para que o silencio non teña a derradeira palabra.

 

 

Vídeo sobre o exilio dos republicanos en Francia

  Este é un breve documental que fala da dureza das condicións dos republicanos derrotados na Guerra Civil, e que tiveron que cruzar a fronteira camiño de Francia. Aínda que está incompleto, paga a pena xa que combina a documentación gráfica, con imaxes do movemento cara ao exilio, cos testemuños de persoas que o viviron en propia carne.

As causas da Guerra Civil Española

  Material auxiliar para os grupos de traballo do obradoiro de Historia de 4º de ESO do IES DE ARZÚA, especialmente para aqueles que teñen asignada a cronoloxía de España, e que deben incidir dun xeito especial no período da Guerra Civil Española .

  Para ter unha visión do desenvolvemento da Guerra, podes premer na palabra MAPAS , co fin de ter unha ferramenta que che permita ollar a súa evolución dun xeito rápido.