Blogia
Galegos en Mauthausen

Libro recomendado... "MAUS"

Libro recomendado... "MAUS"

Esta obra, considerada por moitos críticos coma o mellor cómic da historia, é unha pequena xoia polo que o seu autor, Art Spiegelman, recibiu o prestixioso premio Pulitzer no ano 1992.

Un supervivente do campo de concentración de Auschwitz narra ao seu fillo (o propio Spiegelman) a súa experiencia, o que nos explicará moito sobre a tensa relación entre o pai e o fillo. Hai que destacar que os persoaxes non son representados como persoas, senón como animais. Así, os xudeus son ratos, os alemáns, gatos, etc.

Moi recomendable para ter un achegamento ao que foi o Holocausto en xeral, e á vida nos campos de concentración, en particular.

1 comentario

Fran rego 4ºA -

Antonio bordachelo.Gústame moito o blog,inda que xa o vira,agora mellorachelo moito.Por certo,sabes onde podo conseguir o libro de MAUS sen ser na biblioteca do instituto?

1 abrazo

FRAN 4ºA